A Xefa Son Eu

Lyrics: Carla Hernandez Iovanetti Music: Fernando Peón González/Carla Hernandez Iovanetti A xefa son eu (x2) (uuuu) A xefa son eu (x2) (eeee) A xefa son eu (x2) (uuuu) A xefa son eu (x2) (uaaaaaa) O corpo di “para”, pero a xefa son eu. Quen me vai cubrir? A xefa son eu…
Eu quería vivir tranquila, sen présas, non levantarme moi cedo, pero teño moito traballo e sinto que nin durmir podo.
Teño dous curros, sen tempo pra min, un paga a casa, o outro o videoclip. Estou ata a cona, pero eu sigo aquí, facendo música, loitando por min.
Isto non é glamour, é pagar e madrugar. Isto non é común, é soñar e espertar. Buscando concertos, fago o cartaz, son unha diva underground sen fans. E se algo sae mal…
A xefa son eu (x2) (uuuu) A xefa son eu (x2) Non podo renunciar.
A xefa son eu (x2) (eeee) A xefa son eu (x2) Non podo dimitir.
Dedico tanto tempo, non podo renunciar. Quero tirar con todo, pero teño ensaio mañá.
A xefa son eu (x2) (eee) A xefa son eu (x2) Non podo renunciar.
Pago o mix, fago o vídeo, edito o reel, envío emails… ninguén responde. Escoito o beat, camiño ao traballo no tren.
Escoito consellos de xente random, que nunca pisaron un micro, son fandom. Seica “teño que facerme viral no TikTok”, a min o que me mola é o groove e o funk.
Paso do Gucci, eu merco no Shein, pero fago hits que valen o que un Chanel (o que un Chanel, o que un Chanel).
Non teño axente, nin selo, nin booking, nin manager, neno. O meu disco sen promo é supremo. Quixen dimitir, e non podo, meu, porque…
A xefa son eu (x2) (uuuu) A xefa son eu (x2) Quen me vai cubrir?
A xefa son eu (x2) (eeee) A xefa son eu (x2) Non podo dimitir.
Dedico tanto tempo, non podo renunciar. Quero tirar con todo, pero teño ensaio mañá.
A xefa son eu (x2) (eee) A xefa son eu (x2) Non podo renunciar.