espérame aquí

Lyrics: Aldara Fernandez Vicente Music: Aldara Fernandez Vicente/Marc Agustí Gironés se volvo a marchar ti espérame aquí que veño antes do que esperas se volvo a marchar espera por min so che pido que me creas que quero estar presente quero que penses en min cando chove e cando os raios quenten quero que saibas que nunca me fun que aínda que non sempre estea que aínda que non sempre chame que sigo pensando en ti cada vez que os meus ollos se abren que aínda que non sempre fale e que cando o fago me trabe levo por dentro todo se volvo a marchar ti espérame aquí que veño antes do que esperas se volvo a marchar espera por min so che pido que me creas se volvo a marchar ti espérame aquí que veño antes do que esperas se volvo a marchar espera por min so che pido que me creas porque en todo o que fago sempre acabo pensando en ti nas cousas máis simples sempre acabo pensando en ti é igual o que faga sempre acabo pensando en ti se volvo a marchar ti espérame aquí que veño antes do que esperas se volvo a marchar se volvo a marchar ti espérame aquí que veño antes do que esperas se volvo a marchar espera por min so che pido que me creas